Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 7 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se fai pública a solicitude de permiso de investigación número 6037.

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio en Lugo fai saber que Ormonde España, S.L. con domicilio en Paseo da Castellana, 53, 28046 Madrid, presentou nesta delegación provincial o día 20 de maio de 2002, instancia-solicitude do permiso de investigación Las Portas de 24 cuadrículas mineiras para recursos de sección C, que se sitúa nos concellos de Ribas de Sil na provincia de Lugo e Río na provincia de Ourense á que lle correspondeu o número 6037 da provincia de Lugo.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-7º 16' 40''42º 26' 00''

2-7º 15' 40''42º 26' 00''

3-7º 15' 40''42º 25' 40''

4-7º 15' 20''42º 25' 40''

5-7º 15' 20''42º 25' 20''

6-7º 15' 00''42º 25' 20''

7-7º 15' 00''42º 25' 00''

8-7º 14' 40''42º 25' 00''

9-7º 14' 40''42º 24' 20''

10-7º 15' 40''42º 24' 20''

11-7º 15' 40''42º 24' 40''

12-7º 16' 20''42º 24' 40''

13-7º 16' 20''42º 25' 00''

14-7º 17' 20''42º 25' 00''

15-7º 17' 20''42º 25' 40''

16-7º 16' 40''42º 25' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, co fin de que todos aqueles que teñan a condición de interesados poidan comparecer no expediente dentro do prazo de vinte días,

de conformidade co establecido no artigo 86.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 7 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL