Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de maio de 2003, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Álabe-Terral.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º del Decreto 80/2000, do 20 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG, o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 22 de maio de 2003, da que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Álabe-Terral.

2º De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación do Proxecto Sectorial de Incidencia Supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, o planeamento dos concellos de Abadín e Mondoñedo queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Innovación, Industria e Comercio