Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 28 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental relativa ó proxecto da canteira Ampliación Pena das Vestas.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante esta publicación á Resolución do 30 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental relativa ó proxecto da canteira denominada Ampliación Pena das Vestas, no concello de Lugo e promovido por Áridos Hermanos Carballido, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 4,18 hectáreas; os nucleos de poboación máis próximos á futura explotación son Torible de Arriba, Facoi e Acevedo, no concello de Lugo, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=605.361, y=4.762.556, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 21 de maio de 2003

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo