Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2003 Páx. 8.964

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de xuño de 2003 pola que se resolve o concurso público de méritos para cubrir postos de asesores/asesoras de formación nos centros de Formación e Recursos.

Pola Orde do 20 de xaneiro de 2003 (DOG do 6 de febreiro) convocábase concurso público de méritos para a provisión de prazas de asesores/a sesoras de formación nos centros de Formación e Recursos e nas súas seccións. Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional para reclamacións, e de acordo coa proposta efectuada pola comisión de selección prevista no artigo 6 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios para cubri-las prazas indicadas os profesores que se relacionan no anexo I desta orde.

Segundo.-Esta comisión de servicios será polo período que se especifica no artigo 11, número 2º, da orde de convocatoria.

Terceiro.-Os funcionarios e funcionarias docentes seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2003.

Cuarto.-Contra a presente orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Postos de asesores/asesoras dos centros

de Formación e Recursos e das súas seccións

Centro de formación

e recursos

Asesorías xerais

Asesorías de tecnoloxías

da comunicación

e da información

Lugo

-Sección de Burela

Campo Basanta, Mª Paz

Centro de formación

e recursos

Asesorías xerais

Asesorías de tecnoloxías

da comunicación

e da información

A Coruña

-Sección de Cee

Fraga Domínguez, Mª PilarLojo Santiago, Francisco

PontevedraVilán Crespo, Luis