Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.865

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 16 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 85/2002, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 5 de xuño de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador 85/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Concepción Prieto Vázquez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Concepción Prieto Vázquez o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que a asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001, ou de Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 16 de xuño de 2003.

José F. Troncoso Casares

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 85/2002.

Denunciada: Concepción Prieto Vázquez.

DNI: 34905513-T.

Último enderezo coñecido: estrada de Rairo, nº 7, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 1º.1 c), do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigos 8º.9 e 8º.11, 8º.5, 8º.10 e 12, do Real decreto 1137/1884, do 28 de marzo, modificado polo Real decreto 2627/1985, do 4 de decembro, que aproba a RTS para fabricación, circulación e comercio de pan e pans especiais.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 200,00 euros (douscentos euros).