Con data do 15 de maio de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade de Ourense dictou resolución do expediente sancionador 11/2003 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense a Enrique Delgado Blanco como titular de Café-Bar Valdeorras.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Enrique Delgado Blanco o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto
na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou de Caixanova, Recadación Xunta, modelo XTAX, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 39/1992, do 26 de novembro.
Ourense, 10 de xuño de 2003.
José F. Troncoso Casares
Delegado provincial de Ourense
ANEXO
Expediente sancionador: 11/2003.
Denunciado: Enrique Delgado Blanco.
DNI: 10003844-B.
Último enderezo coñecido: rúa Eulogio Fernández, nº 64, 32300 do Barco de Valdeorras, Ourense.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigo 1.1º c) do Decreto 157/1985, do 11 de xullo; artigos 3.5º, 5.2º e 3º, 2.3º e 4º do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, que establece as normas hixiénicas de elaboración e comercialización de comidas preparadas.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 300,00 euros (trescentos euros).