Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.845

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 20 de xuño de 2003 pola que se convocan axudas á renovación da flota pesqueira para o exercicio do ano 2003.

A Orde do 14 de xullo de 2000, modificada pola do 1 de xullo de 2002, pola que se establecen as bases e condicións e se regula o procedemento de concesión de axudas á renovación da flota e á modernización de buques pesqueiros, prevé, que as convocatorias anuais se rexerán polas bases e condicións establecidas na dita orde.

A Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003 prevé que o prazo de presentación de solicitudes das axudas non será inferior a corenta días hábiles.

Como consecuencia da modificación do Regulamento Comunitario 2792/1999 polo Regulamento 2769/2002, do 20 de decembro de 2002 (DOCE do 31 de decembro), no que respecta ás axudas de renovación da flota pesqueira, só poderán tomar parte nesta convocatoria aqueles solicitantes que dispoñan duna autorización de construcción dictada conforme a normativa vixente a 31 de decembro de 2002, é dicir, de acordo co Real decreto 798/1999, coas súas modificacións.

Para tal obxecto, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Convocatoria de axudas.

Convócanse axudas á renovación da flota pesqueira -nova construcción-, que se rexerán polas bases e condicións e de acordo co procedemento establecido na Orde do 14 de xullo de 2000, modificada pola do 1 de xullo de 2002 (DOG do 2-8-2000 e 5-7-2002 respectivamente); o prazo de presentación de solicitudes de acordo co artigo 43 da vixente Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, será de corenta días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria.

Só poderán tomar parte nesta convocatoria aqueles posibles beneficiarios que formularan a solicitude e tiveran a correspondente autorización de construcción, dictada conforme a normativa vixente a 31 de decembro de 2002.

Artigo 2º.-Crédito orzamentario.

As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria do ano 2003 12.03.723A.770.0 e por un importe de 1.800.000 euros.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL