Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2003 Páx. 8.840

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 296/2003, do 23 de xuño, polo que se dispón o cesamento de varios membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 9º, parágrafo 1, inciso segundo e 10º f) da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia (publicado no DOG nº 133, do 12 de xullo de 1995), e nos artigos 8º e 9º e) do Regulamento de réxime interno deste, (publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996), e de acordo coa proposta efectuada pola organización correspondente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro titular do Consello Económico e Social de Galicia en representación de Xóvenes Agricultores, Ricardo García-Borregón.

Artigo 2º

Que cese como membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia en representación de Xóvenes Agricultores, Antonio de María Angulo.

Santiago de Compostela, vintetrés de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente