Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.823

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 20 de maio de 2003, da Dependencia Provincial de Recadación de Toledo, de citación para notificacións.

Ó non ser posible realiza-la notificación ó interesado ou ó seu representante por causas non imputables á Administración tributaria, e unha vez intentado por dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da LXT (redacción pola Lei 66/1997), cítase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia na sede desta Dependencia Provincial de Recadación, en Toledo, na rúa Alfonso X El Sabio, nº 1. No caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, de acordo co disposto no artigo 103.3º do RXR (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro), nos seguintes termos: Que non sendo satisfeita a

débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da LXT, o órgano competente acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio e garantías do(s) debedor(es), no caso de non producirse o ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

E ademais, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Toledo, 20 de maio de 2003.

Jesús García Maladonado

Xefe da dependencia de Recadación

Datos do contribuínteConcepto/descrición/obx. trib.Clave liquidaciónImporteF. prov. apr.

X1353194N

Bill Mesa Nfumu, Gloria

R/ Vía Tarpeya, 19, Toledo

Recadación sancións Xustiza Adm. L.C1100002270082980108,1815-10-2002

42951652-A

San Martín López, Mercedes

R/ Atambor, 10, Carranque

Recadación sancións Transportes OUC1100002320150272180,3011-3-2003

* Recursos.

Recurso de reposición perante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte a recibir esta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente na dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderá ós órganos económico-administrativos da comunidade autónoma.

* Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Adiamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión dela.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

* Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro).

* Solicitude de adiamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase adiar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.

A presentación das solicitudes de adiamento ou fraccionamento efectuarase da delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

* Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da delegación ou administración da AEAT.

* Xuros de demora.

As cantidades que se deben, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido nos artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributaria ou non tributaria respectivamente.

* Custas.

No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutirá o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

* Prazo para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entre os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil posterior.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e último de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

* Comparecencia do interesado.

Advírteselle ó debedor que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio, sen comparece-lo interesado, terase por notificado en tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.