Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.816

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados a proposta de resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal (expediente C-40-IV/1976, conta 255).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio

coñecido sinalados no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora do expediente do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante o Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 12 de xuño de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 10/2002.

Expedientado: Trinidad Arana Santiago e herdeiros de José E. Cabarco Vázquez.

Último domicilio coñecido: Polígono Elviña 2ª fase, bloque 17, P-2, 10º C (A Coruña).

(Expte. C-40-IV/1976, conta 255).