Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2003 Páx. 8.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 12 de xuño de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifican as resolucións emitidas polo delegado provincial de contratos por falta de pagamento e lanzamentos das vivendas ós debedores que a continuación se relacionan (expediente C-4-IV/1975, conta 154 e tres máis).

En cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó amparo do artigo 30.1º do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1968, do 12 de novembro, e do artigo 138.1º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícanse os interesados (cos datos e último domicilio coñecido, identificado polo nº de expediente e conta) que a continuación se relacionan, as resolucións dos contratos por falta de pagamento, con recibos pendentes que ascenden ás cantidades que se sinalan, indicándolles que, concedida a preceptiva autorización xudicial de entrada no domicilio, procederase ó lanzamento da vivenda por funcionario nomeado para o efecto e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, conforme o establecido no Regulamento de VPO, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda, con recarga do 10%, así como as cotas da comunidade que tiveran pendentes, no prazo de quince días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

A resolución firme do contrato implicará a prohibición para contratar coa Administración nos termos previstos no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse perante o conselleiro da CPTOPV recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa recepción.

E para que así conste, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 12 de xuño de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Manuel Jorge García Neira e herdeiros.

Expte. C-4-IV/1975 (F.P. 122/2002).

Conta: 154.

R/ García Lorca nº 12, 2º C, bloque 10, polígono de Vite (Santiago de Compostela).

Importe débeda: 7.858,59 euros.

Herdeiros de María Moar Castelo.

Expte. C-136-CD/1963 (F.P. 5/2003).

Conta: 691.

Camelias, bloque 24, P-13, 4º esq., barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 726,96 euros.

Hermosinda González Pombo e herdeiros.

Expte. C-136-CD/1963 (F.P. 12/2003).

Conta: 572.

R/ Lirios, bloque 20, P-4, 2º dta., barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 246,00 euros.

Josefa Gil Matos, José Ares Gil e herdeiros.

Expte. C-136-CD/1963 (F.P. 14/2003).

Conta: 1276.

Pensamientos, bloque 42, P-2, 7º dta., barrio das Flores (A Coruña).

Importe débeda: 130,82 euros.