Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.720

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 15 de maio de 2003, da Dependencia Rexional de Recadación de Murcia, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31 de decembro), a xefa rexional de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Murcia.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes no inicio do procedemento de constrinximento, e intentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse aqueles, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, os interesados ou os seus representantes deberá comparecer para seren notificados, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo I).

No caso de comparecer no prazo e lugar sinalados a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Murcia, 15 de maio de 2003.

Inmaculada García Martínez

Xefa rexional da Dependencia de Recadación

ANEXO I

Órgano responsable e lugar de comparecencia

30782. Unidade de Recadación de Menor Contía.

Gran Vía Escultor Salzillo, 21, 30005 Murcia.

Apelidos e nomeNIFClave de liquidaciónUnidade

Eusebiotrans, S.L.B30469522C110000315000942330782
Lamas Bello, José María33805479XC110000027010115030782
Vera Gil, José Antonio27479034ZC110000315000941230782