Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.719

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO sobre convocatoria de concurso para contratación en réxime de concesión administrativa da explotación dos servicios mancomunados de vertedoiro de entullo e da construcción dos concellos integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 2003/00031.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión administrativa da explotación dos servicios municipais mancomunados de vertedoiro de entullo e da construcción integrados na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Verín.

b) Lugar: Concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Prazo da concesión: dez anos (prorrogables).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon de explotación: será ofrecido libremente polos licitadores.

5. Garantías.

Provisional: 3.000,00 euros.

Definitiva: 12.000,00 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

b) Domicilio: Praza do Concello, 1.

c) Localidad e código postal: Verín 32600.

d) Teléfono: 988 41 46 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o trixésimo día natural (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o trixésimo día natural (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación da concesión convocada presentaranse conforme o establecido na cláusula oitava do das administrativas particulares que rexen a contratación da concesión.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o que o licitador estará obligado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décima das da contratación.

b) Aprobación expediente de contratación: asemblea 8-5-2003.

c) Consulta de documentación: Secretaría da Mancomunidade.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 16 de maio de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente