Visto o expediente instruído para efectos de transmisión do viveiro Umia e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 17-6-2002, Lourdes Somoza Galiñanes solicitou autorización para a transmisión da concesión do viveiro Umia.
Segundo.-A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de José-Luis Durán Somoza (35447139E), Gemma Durán Somoza (35458094Y) e Mª Lourdes Durán Somoza (76870675Y), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Umia.
Localización:
Cuadrícula nº: 40.
Polígono: A.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis), vieira (Pecten maximus).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 25-1-1956.
Remate da vixencia: 1-2-2006.
Actuais titulares: José Durán Betanzos (35264512S) e Lourdes Somoza Galiñanes (35427167Z).
Novos titulares: José-Luis Durán Somoza (35447139E), Gemma Durán Somoza (35458094Y) e Mª Lourdes Durán Somoza (76870675Y).
O novo titular subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 16 de xaneiro de 2003.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra