Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivo do expediente sancionador 271/2002 PRO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 30 de abril de 2003, o delegado provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución de arquivo do expediente sancionador nº 271/2002 PRO, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Club Casablanca.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Club Casablanca o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento desta.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que lle asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de maio de 2003.

Jorge Suanzes Hernández

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 271/2002 PRO.

Denunciado: Club Casablanca.

Último enderezo coñecido: Estrada dos Baños de Arteixo, s/n. A Coruña.

Feito imputado: venda de alcohol a un menor.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.b.1 da Lei 14/1986, xeral de sanidade e artigo 13.1º da Lei 2/1996, de Galicia sobre drogas.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: arquivo.