Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. r/ José Antonio 37.
Situación: concello da Guarda.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 440 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. ROS811, entre os CC.TT. rúa Bouzo e edificio Ribera, e remate no mesmo punto. C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado na rúa José Antonio 37 da Guarda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 8 de maio de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra