Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S. e C.T. 2º trav. Jaime Janer.
Situación: concello de Marín.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con conductor tipo R.H.V. de 138 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. La Mouta e remate no C.T. que se proxecta, de 1.000 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, na segunda travesía Jaime Janer, Marín, no concello de Marín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 8 de maio de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra