Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2003 Páx. 8.695

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CAMBADOS

EDICTO (380/1998).

No xuízo citado dictouse a resolución que ten o seguinte texto literal:

Providencia

Xuíz Sr. Figueiras Méndez

Dada conta por presentada a anterior demanda, documentos achegados e copia de todo iso, rexístrese.

Admítese a trámite que se substanciará polas normas da Lei 30/1981, do 7 de xullo, e polos artigos 749 e ss. da demandante Victoria Blanco González, con DNI/CIF domiciliado en ( ) ó procurador Jesús Martínez Melón con que se entenderán as posteriores dilixencias e a que se devolverá o orixinal do poder unha vez testemuñado en autos. Emprácese o demandado, Santiago Castro Aval, con DNI/CIF domiciliado en r/ Asnelle de Abaixo, 10- 1- Reboreda (Redondela), e Ministerio Fiscal, con entrega das copias de demanda e documentos acompañados, co fin de que no improrrogable prazo de vinte días, se constitúa en autos, e conteste a demanda por escrito, prevéndoo de que se non o fai, será declarado en rebeldía, e recaerá sobre del o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Mandouno e asínao S.Sª e dou fe.

Ante min

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente edicto emprázase a Santiago Castro Aval co fin de que en vinte se constitúa nos autos e conteste a demanda por escrito, baixo apercibimento de que se non fai, será declarado en rebeldía, e recaerá sobre del o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

En Cambados, o catro de abril de dous mil tres.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN