Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.640

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de servicios consistente no desenvolvemento dunha campaña publicitaria de potenciación do comercio retallista na Comunidade Autónoma. (Expediente 3/03 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 3/03 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o deseño, planificación e execución dunha campaña de publicidade en medios audiovisuais para potencia-lo comercio retallista na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: comezará o día seguinte á sinatura do contrato e rematará o 15 de novembro de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 450.000,00 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (9.000,00 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2737

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: será requisito para participar nesta contratación que o empresario teña concedida e vixente a clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría D. Nembargantes, de conformidade coa disposición transitoria única do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, tamén serán admitidas, ata caducaren por razón do seu prazo, as certificacións de clasificación expedidas de acordo coa normativa anterior no grupo III, subgrupo 3, categoría D.

Os empresarios estranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira e técnica polos medios especificados nos artigos 16 a) e c) e 19 a) e b) respectivamente do TRLCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación necesaria: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de proposicións. Se

este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións coincidise en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luís

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio