Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.639

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación eléctrica que se cita. (Expediente 11/2001).

O 23 de abril de 2003 foi dictada resolución pola Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara, en concreto, de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da L.A.T. a 132 kV p. eólico Goia-Peñote-apoio nº 6 da L.A.T. 132 kV p. eólico Lomba-p. eólico Ventoada, expediente 011/2001 A.T. que afecta ós concellos de Xermade, Vilalba e Muras.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Baseándose no anterior, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convoca-lo día 16 de xullo de 2003, no Concello de Vilalba e o día 17 de xullo, no Concello de Muras a tódalas persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se expón como anexo á presente resolución e tamén no taboleiro de anuncios do Concello de Vilalba e Muras, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia, do 16 de abril de 2002, no BOP de Lugo, do 16 de abril de 2002 e no xornal El Progreso, do 16 de abril de 2002, para que comparezan no Concello de Vilalba e Muras, como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ós interesados mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se sinala día e hora para o levantamento de actas previas, así mesmo, no taboleiro de anuncios dos Concellos de Vilalba e Muras, estará exposta a data do levantamento de actas. Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3º da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírtese a tódolos interesados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emenda-los posibles erros padecidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2º do regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determia o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidera practicar

e así entende-las dilixencias co Ministerio Fiscal segundo o establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

Lugo, 27 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de bens e dereitos afectados

Levantamento de actas previas. L.A.T. Goia-Peñote

PropietarioSuperficie afecciónLugar

predioApoiosVoo

Nome e apelidosEnderezomTotal mlTotal mMonte altoPasteiro/ pradoMonte baixo

Vilalba

16Egidia López Camba

Avelino López Camba

Apdo.: Antonio Paredes López

Avda. Linares Rivas 55, 1º B, 15005 A Coruña1617,24280,625.612,45 m0,00 m0,00 m5.612,45 mBruñido

19Mª Isabel Carballido InsuaO Rego, A Balsa s/n, 27837 Muras (Lugo)78,271.565,48 m0,00 m0,00 m1.565,48 mBruñido

María Digna Carballido ReigosaFerreiros, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)

Manuel Carballido ReigosaSan Rosendo nº 12, 3º, 15007 A Coruña

20Egidia López Camba

Avelino López Camba

Apdo.: Antonio Paredes López

Avda. Linares Rivas 55, 1º B, 15005 A Coruña79,791.595,79 m742,70 m825,69 m27,40 mBruñido

Muras

57Aquilino Cuba CambaCotelo, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)106,852.136,99 m0,00 m0,00 m2.136,99 mDereito do sol

66Isabel Carballido Insua O Rego, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)2119,32179,473.589,40 m0,00 m0,00 m3.589,40 mTamuído

María Digna Carballido ReigosaFerreiros, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)

Manuel Carballido ReigosaSan Rosendo nº 12, 3º, 15007 A Coruña

67Isabel Carballido Insua O Rego, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)223,24131,072.621,35 m0,00 m0,00 m2.621,35 mTamuído

María Digna Carballido ReigosaFerreiros, A Balsa, 27837 Muras (Lugo)

Manuel Carballido ReigosaSan Rosendo nº 12, 3º, 15007 A Coruña