Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.619

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 17 de xuño de 2003, do tribunal nomeado pola Orde do 25 de abril de 2002, para cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiro técnico forestal, pola que se publica a puntuación da fase de concurso.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 123, do xoves, 26 de xuño de 2003, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 8.454, no título do anexo, onde di: «Escala de enxeñeiro técnico industrial», debe dicir: «Escala de enxeñeiro técnico forestal».