Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 30 de xuño de 2003 Páx. 8.619

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de xuño de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, pola que se fai pública a puntuación definitiva da fase de concurso.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 119, do 20 de xuño, cómpre face-las seguintes rectificacións:

Na páxina 8.146, no punto primeiro debe suprimirse a frase «proposta de aspirantes que superaron por orde de puntuación o proceso selectivo, de conformidade co disposto na base IV da citada convocatoria».

Na páxina 8.147, no anexo onde di: «Base II-1, Base II-1 e Base II», debe dicir: «Base II-1-2-1, Base II-1-2-2 e Base II.1.2.4».