Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 30 de maio de 2003, adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 1 do Plan Parcial do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (nº de expte. 8265/411), solicitada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, segundo a documentación presentada, redactada polos servicios técnicos do Consorcio da Zona Franca de Vigo, asinada polo arquitecto Arturo Conde Aldemira, con visados do COAG de datas do 18 de marzo, 2 de maio (plano nº 5) e 19 de maio (plano nº 8) de 2003.

Segundo.-Proceder á apertura do trámite de información pública por prazo dun mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en en dous dos xornais de maior circulación na provincia, debendo publicarse o anuncio, neste útlimo caso, en dous días consecutivos.

Terceiro.-Notifíquese individualmente este acordo ó Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Cuarto.-Previamente á aprobación definitiva da modificación do Plan Parcial o Consorcio da Zona Franca deberá presentar un proxecto de acopios das terras de desmonte, que deberá ser informado polos técnicos da Concellería de Medio Ambiente.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante publicación no DOG, e un dos xornais de maior difusión da provincia, debendo publicarse o anuncio; neste último caso, en dous días consecutivos. O prazo de exposición pública entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de Información Urbanística, na planta baixa da Xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos nos artigos 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, para todos e todas aqueles/as interesados/as directamente afectados/as que por resultar desco

ñecidos/as ou por ignora-lo seu domicilio non poidan ser notificados/as persoalmente.

Vigo, 16 de xuño de 2003.

Ventura Pérez Mariño

Alcalde, presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo