Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar con data do 3 de xuño de 2003, acordou rectifica-lo erro existente no proxecto do plan parcial do sector A-2 aprobado definitivamente pola corporación en sesión de data 31-5-2001, por instancia da Sociedade Map, S.L., conforme o acordo que se transcribe a continuación:

Primeiro.-Aproba-la rectificación do artigo 4º da ordenanza 3ª do plan parcial do sector A-2 aprobado definitivamente pola corporación con data do 31-5-2001, de modo que a superficie da parcela mínima é de 100 metros cadrados e non de 120 metros cadrados, co fin de axustala á documentación gráfica do plan, de acordo co establecido no informe técnico emitido polo arquitecto municipal, que figura no expediente.

Segundo.-Que se remita a consellería competente en materia urbanística, unha copia autenticada do expediente administrativo tramitado, para os efectos portunos.

San Cibrao das Viñas, 17 de xuño de 2003.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa