Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 27 de xuño de 2003 Páx. 8.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2003 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria, para a contratación plurianual dunha póliza para a cobertura dun seguro combinado de asistencia médica e de accidentes a favor dos bolseiros da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio. (Referencia 2003-08-420).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Administrativa e Económica do PGIDIT da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

c) Referencia 2003-08-420.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a contratación plurianual dunha póliza para a cobertura dun seguro combinado de asistencia médica e de accidentes a favor dos bolseiros da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, por procedemento aberto mediante concurso público.

As características do obxecto deste contrato detállanse no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución:

O contratista realizará a prestación obxecto do contrato desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

O orzamento máximo autorizado para esta contratación ascende á cantidade oitenta e nove mil seiscentos cincuenta e cinco euros (89.655 euros) (un máximo de 21,5 euros por persoa ó mes para a prima combinada de asistencia sanitaria e de accidentes) dos que vintedous mil cincocentos cincuenta e tres euros con cincuenta céntimos de euro (22.553,50 euros) corresponden á anualidade do ano 2003 e sesenta e sete mil cento un euros con cincuenta céntimos de euro (67.101,50 euros) corresponden á anualidade do ano 2004.

5. Garantía provisoria.

A garantía provisoria por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación, ascende a 1.793,10 A, constituída nalgunha das formas que prevé o artigo 35 do TRLCAP.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos 981 54 10 87/54 10 88, en horas de oficina, ou ben a través da páxina web: www.xunta.es/contratación ou www.sxid.org.

7. Variantes: non se admiten variantes

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte

ó de publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, en horario de 9.00 a 14.00 h, ou ben na forma prevista no TRLCAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas, nas dependencias da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL