Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO.

Por resolución de Alcaldía con data do 23 de maio de 2003 resolveuse aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución nº 2, presentado a trámite por Faustino Carceller Vilalta en representación da entidade Promociones Alcaró, S.A., faise público o anterior expóndose polo prazo de 20 días desde a última publicación, contando a partir do día seguinte, quedando o expediente de manifesto na sección de Urbanismo, en horario de oficina.

Tui, 27 de maio de 2003.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde