Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA TEIXEIRA

ANUNCIO.

Dando cumprimento ó establecido no artigo 2 do Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, sométese a información pública o acordo adoptado polo Pleno da Corporación en sesión extraordinaria celebrada o doce de maio de dous mil tres, polo que se aproba a bandeira do concello sendo o seu deseño e descrición os que se recollen no presente anuncio. Os

interesados poderán presenta-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. As alegacións serán resoltas polo Pleno e se non se presentase ningunha o devandito acordo quedará elevado a definitivo.

A Teixeira, 19 de maio de 2003.

Miguel A. Cid Álvarez

Alcalde

Descrición:

«Sobre o pano verde, as dúas espigas de amarelo, postas en aspas, acompañadas no alto dun acio de uvas do mesmo e, á hasta, terciado de amarelo».

Deseño: