Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración do equipamento para a dotación da aula de hidráulica do Centro de Formación Ocupacional de Coia (Vigo-Pontevedra). (Expediente 39/2003).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento para a dotación da aula de hidráulica do Centro de Formación Ocupacional de Coia.

b) Lugar de entrega: Centro de Formación Ocupacional de Coia.

c) Prazo de entrega: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 295.700 euros, IVE incluído (douscentos noventa e cinco mil setecentos euros).

5. Garantía provisional: 5.914 euros.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela; tfno.: 981 54 56 50; fax: 981 54 29 08; www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2724

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do día 11 de agosto de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais-edificio administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 9.30 horas do día 22 de agosto de 2003.

10. Gastos dos anuncios: 1.223,43 euros.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 20-6-2003.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2003.

Mª Jesús Yebra Biurrun

Secretaria xeral da Consellería de Asuntos Sociais,

Emprego e Relacións Laborais