Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.474

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais de Cambados (OAP Cambados).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de modificación dos estatutos da Organización de Autónomos e Profesionais de Cambados (OAP Cambados), consistente na modificación dos artigos 3 e 6 dos referidos estatutos.

Asinan a acta da asemblea xeral ordinaria: Jesús Fernández Rodiño, presidente e Carlos Alonso Piñeiro, secretario.

Os estatutos depositados, poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 4 de xuño de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra