Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.417

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 13 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 14/03CAR, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de febreiro de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra dictou acordo de inicio do expediente sancionador 14/03CAR, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a José Luis Rendo Alonso, con CIF/NIF: 35548929-Z, propietario da Carnicería San José, situada na rúa Virxe do Camiño, Rebordáns, concello de Tui.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ó abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a José Luis Rendo Alonso o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste, ó abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na avenida de Vigo, 16-concello de Pontevedra, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do dis

posto no artigo 59.5º da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 13 de maio de 2003.

María Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: 14/03CAR.

Denunciado: José Luis Rendo Alonso.

DNI/NIF: : 35548929-Z

Último enderezo coñecido: rúa Virxe do Camiño, Rebordáns, Tui (Pontevedra).

Feito imputado: infracción sanitaria á lexislación aplicable ás condicións de producción e comercialización de carnes frescas.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 35.B) 2ª, 6ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.2.3.4 e artigo 4.4.3.3 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 3º do Real decreto 147/1993, do 29 de xaneiro, modificado polo Real decreto 315/1996, do 23 de febreiro, polo que se establecen as condicións sanitarias de producción e comercialización de carnes frescas, e artigo 13, punto 13.5.1, do Real decreto 379/1984, do 25 de xaneiro, polo que se aproba a regulamentación técnico-sanitaria de industrias, almacéns por xunto e envasadores de productos e derivados cárnicos elaborados e dos establecementos do comercio polo miúdo da carne e productos elaborados.

Tipificación provisional: grave.

Sanción procedente: multa de 3.005,07 euros ata 15.025,30 euros (tres mil cinco euros con sete céntimos ata quince mil vintecinco euros con trinta céntimos).