Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/206).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execucción e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bexo norte.

Situación: Dodro.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos tubu

lares e de formigón e con conductor PAS-50, de 660 m de lonxitude, con orixe no apoio, nº 43 da liña Padrón-Rianxo (expediente 6042) e final no C.T. Bexo norte, que se instalará. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Bexo, do que parte rede baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 1.215 m de lonxitude. No termo municipal de Dodro.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, en o título VIII do Real decreto, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Isabel Franco Rodríguez, actuando en nome e representación da comunidade de herdeiros de Ramón Franco Ares, propietarios do predio nº 13, manifestan que o trazado sobrevoa os predios nº 9, 10, 11, 12, 13 e 14, e que se podería evitar se se levase polos camiños públicos. Que o trazado actual deixa o predio sen ningún valor e solicita que a expropiación afecte á totalidade. Se non se considerea nungunha das alegacións anteriores, solicita que se eleve a liña eléctrica á altura máxima posible.

Unión Fenosa Distribución, S.A., manifesta que o trazado é o máis axeitado como o proba que das 15 parcelas afectadas, 14 propietarios chegaron a un acordo amigable. A alternativa proposta suporía afectar a novos propietarios, dado que a liña non pode discorrer sobre camiños senón paralela a eles. Que este expediente orixina unha imposición de servidume e que os propietarios non xustifican as causas concretas do prexuízo económico para que se considere a expropiación total. Faise mención ó artigo 58 da Lei 54/1997, sobre os dereitos do titular do predio sirviente. Que a altura do trazado se establece cumprindo o Decreto 3151/1997, sobre os dereitos do titular do predio sirviente. Que a altura do trazado se establece cumprindo o Decreto 3151/687 R.T.L.E.A.T., condicionado pola orografía do terreo.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódolas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente

ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forozasa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 15 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña