Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 21 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02050-O-2002 e tres máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que

se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave

390005, no prazo de 15 días hábiles seguintes ó da firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 21 de maio de 2003.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02050-O-2002

P-4537-H

G.C. de Tráfico

Galireves, S.L.

Miraflores-Bembrive, s/n

36214 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando material de construcción e obreiros da mesma empresa carecendo de tarxeta de transportes. Servicio privado complementario

7-5-2002; 18.05; VRG 4.1; 11

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A

PO-02782-O-2002

B-1019-TZ

G.C. de Tráfico

David Benaiges Hermosilla Chano Piñeiro, 7-7ºB

36208 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando catro discos grandes de serrar pedra e demais ferramentas, carecendo de autorización administrativa. Servicio privado complementario

5-7-2002; 15.10; N-550; 166

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A

PO-02997-O-2002

C-8675-AY

G.C. de Tráfico

Novo Arte Madera, S.L.

Curros Enríquez, 27, baixo 15702 Santiago de Compostela

A Coruña

Non realiza-lo visado da autorización de transportes no prazo fixado pola Administración. Tarxeta válida ata o 31-5-2001. Visado ata abril-2001. Transporta ferramentas (caixas de ferramentas, escaleira, pulidor, serra, etc.). Servicio privado.

27-7-2002; 10.50; N-525; 303,5

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A

PO-03746-O-2002

PO-6646-BT

G.C. de Tráfico

Vigo Asistencia, S.L.

Coutadas, 151, baixo

36207 Vigo (Pontevedra)

Realizar un servicio de asistencia a un vehículo accidentado (C-5057-BH) non realizando o visado da autorización no prazo determinado pola Administración. Presenta tarxeta de transportes caducada desde 30-6-2002. Servicio público.

9-10-2002; 12.45; local O Porriño

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/199090 A