Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 9 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01575-O-2002 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe efectuar

en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 9 de maio de 2003.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-01575-O-2002

PO-7683-BB

G.C. de Tráfico

Antonio Trelles Pérez

San Andrés de Comesaña, 91 36210 Vigo (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías carecendo de autorización. O vehículo transporta un turismo accidentado matrícula 2271-BLR marca Renault Clio. Manifesta o conductor que o leva para o desmantelamento de automóbiles. Servicio privado complementario.

7-5-2002; 19.15; N-541; 55,5

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A

PO-03014-O-2002

PO-4510-BK

G.C. de Tráfico

Distelco Arcade, S.L.

Caoutada edf. Eiras Arcade, 7 36691 Arcade (Pontevedra)

Non realiza-lo visado da autorización de transportes do vehículo sinalado, que transporta embutido no prazo determinado pola Administración, sempre que se cumpran as condicións para a rehabilitación. Válida ata o 28-2-2001. Servicio privado complementario.

19-8-2002; 10.20; N-550; 132,800

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A

PO-03496-O-2002

PO-5523-AY

G.C. de Tráfico

Eurogal Aplicaciones, S.L.

Costado, 13

Pontevedra

Circular transportando material de construcción (tea asfáltica), carecendo o vehículo de autorización de transporte. Porta distintivos serie MPC, de ámbito nacional. Servicio privado.

24-9-2002; 15.05; C-531; 14

OM do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro). Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/90Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990300 A

PO-03656-O-2002

PO-8318-AS

G.C. de Tráfico

Talleres Elect. de Pontevedra S. Coop.

Avda. Uruguai, 61

36002 Pontevedra

Circular transportando 648 kg, de barras metálicas de UPN, carecendo de dous distintivos, na parte traseira e no lado do conductor. Servicio privado.

17-10-2002; 18.42; PO-242; 4,000

OM do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30 de outubro)Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/199060 A

PO-03700-O-2002

NA-3209-W

G.C. de Tráfico

Luis dos Reis Machado

San Roque, 2

Santiago de Compostela (A Coruña)

Circular transportando chatarra, carecendo do visado da tarxeta de transporte. Servicio privado.

10-12-2002; 12; N-550; 101,000

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990150 A