Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU 2/2003).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 5 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-la alegación formulada por María Riveiro Fernández ó proxecto de urbanización, de conformidade co informe emitido polo director do proxecto que figura no expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da dotación local de viario VL-F 12.01 Lugar de Cabana, promovido polo concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Comunicar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, dándolle traslado dunha copia do acordo de aprobación definitiva.

Quinto.-Dilixenciar cantos elementos integran o proxecto de urbanización definitivamente aprobado.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo isto de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contenioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 19 de maio de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo