Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.343

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

EDICTO (784/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que, neste xulgado se seguen autos número 784/2002, por instancia de Ramiro Fernández Rivera contra Import-Leman, S.L., sobre salarios nos que se dictou sentencia con data do 15-5-03 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda promovida por Ramiro Fernández Rivera, contra Import-Leman, S.L., debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 5.030,55 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda. Así, por esta mi sentencia, contra la que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, é indispensable que ó tempo de anuncialo, o recorrente, se é empresario, exhiba ante este xulgado do social o comprobante de ter depositado na conta, aberta en Grupo Banesto (Banco Español de Crédito, S.A. e Banco de Vitoria, S.A.), co número 5.6050000 60 0784 02, a cantidade obxecto de condena; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramiento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito

sen o cal non se poderá ter por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Deberase consignar, ademais, a cantidade de 150,25 euros na mesma conta 5.605 0000 65 0784 02 e entrega-lo comprobante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, que se declarará desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada. Definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúyncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva

de notificación á empresa Import-Leman, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 26 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado