Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.343

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (297/2002).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia nº 10 da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de Josefa Vázquez Anido, contra Manuel Seoane García, sobre demanda de divorcio nº 297/2002, se dictou providencia do 23 de decembro de 2002 e, para a notificación da sentencia ó demandado rebelde, acordouse expedi-lo seguinte edicto:

«Sentencia.

Na Coruña o 6 de febreiro de 2003.

Vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia nº 10 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co nº 297/2002, por instancia de Josefina Vázquez Anido, representada pola procuradora Sra. García-Boente Alonso e defendida pola letrada Sra. Martínez Fernández, sendo parte demandada Manuel Seoane García, declarado en situación legal de rebeldía,

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora Ana García-Boente Alonso, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Manuel Seoane García e Josefina Vázquez Anido, celebrado en Carballo o 2 de setembro de 1951, cos efectos legais que isto leva consigo.

Sen imposición de custas.

Notifíqueselle ó demandado rebelde, Manuel Seoane García, na forma prevista legalmente.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este mes

mo xulgado no termo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Unha vez firme esta sentencia, comuníqueselle ó Rexistro Civil correspondente, para os efectos de practica-las anotacións pertinentes.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste e sirva de notificación da sentencia ó demandado rebelde Manuel Seoane García, expido este edicto na Coruña o 22 de maio de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado