Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.315

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de xuño de 2003 pola que se conceden axudas a alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Por orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 5 de febreiro de 2003, convocáronse axudas para alumnos e profesores de centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos, que participen en estadías en empresas de ámbito transnacional (cofinanciadas polo Fondo Social Europeo).

Vista a proposta da comisión de selección prevista no artigo 9 da citada orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo ó concepto orzamentario 07.04.322S.481.0 da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, as axudas que se relacionan no anexo I, correspondentes ó primeiro prazo.

Segundo.-De acordo co artigo 11, as axudas serán aboadas da seguinte forma:

Para as axudas que non superen o importe de 6.000 euros, no momento da concesión poderá acordarse un anticipo de pagamento de ata un 80%, logo da aceptación da subvención. O 20% restante librarase unha vez finalizada a actividade e despois da súa completa xustificación económica por parte do centro e entrega da memoria de actividades, xuntando certificación respecto da percepción ou non doutras axudas e subvencións para a mesma finalidade, para efectos do disposto no artigo 78.3º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Nas axudas que superen esta cantidade o pagamento realizarase integramente unha vez finalizada e xustificada a actividade.

Terceiro.-De acordo coa normativa vixente, os beneficiarios quedarán obrigados a:

1. Acepta-la axuda concedida. Neste sentido, se no prazo de quince días, contados a partir do da recepción da comunicación pola que se notifica a concesión da axuda, o centro beneficiario non a acepta, entenderase que renuncia á súa percepción.

2. Facilita-la información requirida e someterse ás accións de comprobación ou control financeiro que poida efectua-la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e os organismos competentes.

3. Xustifica-lo correcto investimento das axudas recibidas, mediante a presentación da seguinte documentación:

Unha vez efectuada a viaxe, o centro docente, como entidade colaboradora da xestión de axudas públicas, deberá, de acordo co establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, tramitala seguinte documentación no prazo máximo de un mes:

1. Certificación do consello escolar do centro aprobatoria das contas, xuntando unha relación dos gastos efectuados e copia compulsada das facturas.

2. Certificación de ter ou non ter subvención ou axuda para a mesma finalidade procedente de calquera outra administración ou ente público.

3. Certificación do director do centro no que se faga consta-la empresa ou centro de acollida e as datas exactas de duración da estadía, o nome e número do DNI dos alumnos e/ou dos profesores participantes, indicando neste caso se é coordinador ou participante na estadía.

4. Xustificación da totalidade do custo da viaxe de acordo cos datos indicados no orzamento inicial. O importe da subvención nunca poderá superar illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza. No caso de que o custo final sexa inferior ó inicialmente previsto deberase minora-la axuda concedida en proporción á axuda xustificada.

5. Memoria do traballo realizado durante a estadía no país de acollida que incluirá os seguintes datos:

5.1. Visitas preparatorias.-Obxectivos acadados de cara á realización do proxecto, incluíndo un breve resumo deste: descrición, datas de realización, etc.

5.2. Estadías de alumnos.-Programación e avaliación das actividades realizadas na estadía con descricións de procesos productivos, tecnoloxías utilizadas, posibilidade de realización doutras estadías e aspectos positivos e negativos que hai que considerar.

5.3. Estadías de profesores.-Certificación da empresa ou centro de acollida na que se indiquen as datas e as características da estadía realizada.

Memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan, diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Posible formación do profesorado que podería desenvolve-la empresa ou traballadores que poderían colaborar no plan de formación do profesorado de formación profesional específica.

g) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Os proxectos e traballos realizados polos centros seleccionados quedarán en poder da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais reservándose o dereito de difundi-los traballos realizados en función da súa orixinalidade e pasando a formar parte dos fondos documentais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto.-De acordo co establecido no Regulamento (CE) nº 1159/2000 da Comisión, do 30 de maio de 2000 (DO L 130/30 do 31-5-2000), os centros colaboradores que figuran no anexo I tomarán as medidas oportunas para informa-los alumnos e profesores que van realiza-las estadías formativas en empresas que as axudas están financiadas nun 65% polo Fondo Social Europeo.

Quinto.-Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro de 1999), ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Proxectos aprobados no primeiro prazo de presentación de solicitudes

Centro escolarTipo

actividade

Título proxecto/profesor

participante

Número

profesores

Número

alumnos

EspecialidadePaís

destino

Axuda

concedida

Colexio Daniel CastelaoVisita preparatoriaMaría Rodríguez Canabal10InformáticaIrlanda900,00

Colexio Daniel CastelaoEstadía alumnosA informática e a lingua inglesa010InformáticaIrlanda13.500,00

Colexio Daniel CastelaoEstadía alumnosA informática e a lingua inglesa015InformáticaMalta19.125,00

IES Pintor ColmeiroEstadía alumnosEstadía en Irlanda do CM Act. Fisic. Depor.05Actividades

deportivas

Irlanda5.990,00

Centro escolarTipo

actividade

Título proxecto/profesor

participante

Número

profesores

Número

alumnos

EspecialidadePaís

destino

Axuda

concedida

IES Pintor ColmeiroEstadía alumnosEstadía en Irlanda do CS Xest. Com. e Mark.010ComercioIrlanda12.250,00

IES Pintor ColmeiroEstadía alumnosEstadía en Italia do CS Xest. Com. e Mark.05ComercioItalia5.750,00

IES Pintor ColmeiroEstadía alumnosEstadía en Italia do CM Act. Fisic. Depor013Actividades

deportivas

Italia14.950,00

IES Pintor ColmeiroEstadía alumnosEstadía en Italia do CM

de Comercio

05ComercioItalia5.750,00

IES Pintor ColmeiroVisita preparatoriaMª José Soto Lorenzo10ComercioIrlanda725,00

IES Pintor ColmeiroVisita preparatoriaMª José Soto Lorenzo10ComercioItalia775,00

IES Paseo das PontesVisita preparatoriaRoberto Bermejo Fernández10Hostalería e turismoFinlandia1.000,00

IES Paseo das PontesVisita preparatoriaAna Isabel Fernández Martínez10TéxtilFinlandia1.000,00

ES Paseo das PontesVisita preparatoriaJoaquina Fretes Montero10TéxtilFrancia700,00

IES Paseo das PontesEstadía alumnosFormación en centros de traballo en Finlandia02Hostalería e turismoFinlandia3.050,00

IES Paseo das PontesEstadía alumnosPrácticas de patronaxe 102TéxtilFrancia2.100,00

IES Paseo das PontesEstadía alumnosFormación en centros

de traballo-Téxtiles 3

02TéxtilFinlandia3.050,00

IES de MelideVisita preparatoriaMario Vieitez López10ComercioPortugal197,20

Escola de Arte Antonio FaildeVisita preparatoriaCesar Taboada Varela10Artes gráficasMalta1.000,00

Escola de Arte Antonio FaildeEstadía alumnos Nuevos lenguajes en interiorismo y rehabilitación010Artes gráficasMalta12.750,00

IES Ribeira do LouroVisita preparatoriaFrancisco J. Gil Feijoo10ConstrucciónMalta1.000,00

IES Ribeira do LouroVisita preparatoriaAmador Ordóñez Puime10ConstrucciónSuecia1.000,00

IES Ribeira do LouroEstadía alumnosLa formación en el sector de la piedra en UE03ConstrucciónDinamarca3.675,00

IES Illa de SarónEstadía alumnosProxecto Bergen II02InformáticaNoruega3.050,00

Esc. Sup. de Conservación

e Restauración de Bens Culturais

Estadía alumnosPrác. de restauración no mosteiro de Sta. Cruz-Coimbra05Conservación

e restauración

Portugal3.625,00

IES Armando Cotarelo ValledorEstadía alumnosFormación en centro de traballo transnacional01ComercioFrancia1.250,00

IES Armando Cotarelo ValledorEstadía alumnosFormación en centro de traballo transnacional01ComercioAlemaña1.525,00

Escola de Artes Mestre MateoVisita preparatoriaAngel Manuel Lázaro10AA. Plast. e DeseñoIrlanda800,00

Escola de Artes Mestre MateoEstadía alumnosModa in Bretaña02IndumentariaFrancia2.100,00

IES A GuíaEstadía alumnosFormación en centros de trabajo01ComercioAlemaña1.260,00

IES Luis SeoaneVisita preparatoriaEmma Ramos Devesa10AdministraciónPortugal450,00

IES Luis SeoaneEstadía alumnosILUSEPOR01AdministraciónPortugal875,00

IES Luis SeoaneEstadía alumnosILUSENOR01ComercioHolanda1.525,00

IES Luis SeoaneEstadía alumnosILUSEFRAN01SecretariadoFrancia1.250,00

IES A PinguelaVisita preparatoriaFco. Javier Álvarez Fernández10InformáticaIrlanda900,00

IES Pintor ColmeiroEstadía profesoresAna Mª Rodríguez López

Javier Veiga Asorey

20Comercio

Act. Deportivas

Italia2.210,00

Esc.de Artes Mestre MateoEstadía profesoresSantiago Riande Torres 10IndumentariaFrancia775,00

IES Paseo das PontesEstadía profesoresJosé Luis Ferreira Romero 10Hostalería e turismoFinlandia1.075,00

IES Lucus AugustiEstadía profesoresLucrecia Alcolado Sánchez10QuímicaItalia1.122,00

IES Lucus AugustiEstadía profesores Pedro Leivas Rielo 10QuímicaItalia1.122,00

IES San RosendoEstadía profesoresAnxo Lois Allegue Fernández10AgrariaFrancia875,00

IES As MercedesEstadía profesoresMª Jesús Morán González10Francés CFSuiza925,00

Centro de FP Daniel CastelaoEstadía profesoresIsabel Pousa García10Inglés CFMalta1.050,00

Proxectos denegados no primeiro prazo de presentación de solicitudes

Por non axustarse á convocatoria

Centro escolarTipo

actividade

Título proxecto/profesor

participante

Número

profesores

Número

alumnos

EspecialidadePais

destino

Axuda

concedida

IES Anxel Casal-Monte AltoEstadía profesoresSusana Agra Rama10SanitariaAlemaña0,00

IES nº 1 de LugoEstadía profesoresPilar Corral Muñiz10SanitariaSuiza0,00

IES nº 1 de LugoEstadía profesoresMª Ángeles Blanco Deza10SanitariaSuiza0,00

IES nº 1 de LugoEstadía profesoresMarina Merino López10SanitariaAlemaña0,00

IES Nº1 de LugoEstadía profesoresMaría Esther Varela Tato 10SanitariaAlemaña0,00

IES Monte CasteloEstadía profesoresMargarita Vázquez Ouro10SanitariaSuiza0,00

IES A PinguelaVisita preparatoriaFco. Javier Álvarez Fernández10InformáticaReino Unido0,00

EFA FonteboaEstadía alumnosEstadía en explotacións agrarias. Pays Loire013AgrariaFrancia0,00