Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.315

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de maio de 2003 pola que se lle concede a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao medio ó conservatorio profesional de música de Melide (A Coruña).

O conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental dependente do Concello de Melide foi creado polo Decreto 394/1991, do 14 de novembro (Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro).

Polo Decreto 266/2003, do 15 de maio (DOG do 28 de maio) transfórmase o conservatorio de música oficial non estatal de grao elemental dependente do Concello de Melide (A Coruña) en conservatorio profesional de música.

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e en aplicación da disposición derradeira única do Decreto 266/2003, do 15 de maio, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Concédeselle a autorización definitiva para imparti-las ensinanzas de música de grao medio reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4 de outubro), ó conservatorio profesional de música de Melide, segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no conservatorio.

Terceiro.-O conservatorio queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente para os centros que imparten ensinanzas artísticas e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que figuran nesta orde.

Cuarto.-A presente orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día segunte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Melide.

Localidade: Melide.

Enderezo: praza das Universidades, s/n.

Código do centro: 15027162.

Titular: Concello de Melide.

Denominación xenérica: conservatorio profesional de música.

Denominación específica: de Melide.

Postos escolares: grao elemental: 80, grao medio: 180.