Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.286

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 13 de xuño de 2003 pola que se fixa un prazo extraordinario para a declaración establecida na disposición transitoria primeira da Orde do 8 de maio de 2002, pola que se actualiza o Rexistro de Buques de Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen normas sobre a súa xestión e control.

A Orde do 8 de maio de 2002, pola que se actualiza o Rexistro de Buques de Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen normas sobre a súa xestión e control, foi publicada coa finalidade de proceder a unha revisión e actualización dos datos que constan nos rexistros administrativos da Comunidade Autónoma.

Tendo en conta a obrigatoriedade de estaren rexistrados que teñen tódolos buques co porto base na Comunidade Autónoma de Galicia e incluídos nas listas 3ª e 4ª do Rexistro de Matrícula ó que alude o Decreto 420/1993, do 17 de decembro, establecéronse unhas normas para a inscrición, formalización, modificación e baixas no Rexistro de Buques de Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Dada a situación irregular dalgunha embarcación, aquelas nas que o seu arqueo, potencia propulsora ou características principais non coincide co rexistrado na folla de asento debido a diferentes motivos, a administración estableceu un prazo para a declaración desta situación perante a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para poder proceder á súa regularización.

Esgotado o prazo establecido pola disposición transitoria primeira da Orde do 8 de maio de 2002, para que os titulares de embarcacións irregulares

declararan a súa situación desigual e non tendo completado a fase de saneamento dos datos é, polo que procede, de forma excepcional, abrir un novo prazo para favorecer a aqueles pequenos armadores que non optasen por esta posibilidade e o fagan.

É polo que,

DISPOÑO:

Artigo único.-Establécese un novo prazo, excepcional de 15 días hábiles, contados desde a entrada en vigor desta orde, para a presentación das declaracións de irregularidade reguladas na disposición transitoria primeira da Orde do 8 de maio de 2002, pola que se actualiza o Rexistro de Buques Pesqueiros e se establecen normas sobre a súa xestión e control.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos para que dicte as resolucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA