Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión realizada o día 19 de maio de 2003, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización de rúa de nova apertura na Rosa-Carril, redactado polo arquitecto Jesús M. Diéguez Pazos e promovido por Sumbulla X, S.L.

De conformidade con establecido no artigo 110.4º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito proxecto de urbanización estará exposto ó público, nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo de vinte días, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentar reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 20 de maio de 2003.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde