Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBADOS

EDICTO.

Elevado a definitivo o acordo de modificación por corrección de erro, na ficha do Plan Especial do Conxunto Histórico correspondente ó edificio situado no número 48 da rúa Hospital, aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación en sesión do 27-12-2002, a devandita ficha queda redactada no sentido de permiti-la adición de dúas plantas, ata chegar ás tres plantas de altura tipo correspondente ó cuarteirón C-32. O que se fai público para os efectos do disposto no artigo 48 da Lei 1/1998, en relación coa letra d) do artigo 8 da Lei 7/1995.

Cambados, 10 de xuño de 2003.

Rosa Oubiña Solla

Alcaldesa accidental