Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.268

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO de licitación.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello -na sesión que tivo lugar o día 8 de maio de 2003-, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso por procedemento aberto, convocado para a adxudicación do servicio de limpeza en varios edificios municipais; exponse ó público por un prazo de oito días hábiles, para efectos de reclamacións, por razóns de seguridade xurídica e de conformidade co disposto no artigo

122 nº 1 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Transcorrido o dito prazo sen presentación de reclamacións -e de conformidade co disposto no artigo 122, número 2, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril-, ábrese o período de presentación de propostas previsto no punto VII deste anuncio; se ben esta licitación se aprazará cando resulte necesario, e así se fará público, no suposto de que se formulasen reclamacións contra o dito prego de cláusulas administrativas particulares, que estará de manifesto na secretaría do concello.

O contido do dito prego é o seguinte:

I. Obxecto do contrato.

A prestación dos seguintes servicios:

1. Colexio público.

O servicio prestarase de luns a venres, e realizaranse os seguintes traballos:

Diarios.

a) Varrida húmida e posterior fregada do chan.

b) Limpeza de escaleiras.

c) Limpeza e desinfección de servicios.

d) Limpeza de mesas, cadeiras, armarios e demais mobiliario existente.

e) Baleirado de papeleiras.

f) Recambio de bolsas do lixo.

g) Aspirado de alfombras.

h) Limpeza de impresións en cristais de portas de entrada.

i) Limpeza de material informático en sala de ordenadores, secretaría, etc.

j) Baleirado de papeleiras exteriores.

k) Limpeza de rúas e xardíns exteriores.

l) Limpeza de espacios exteriores cubertos.

m) Limpeza de aula psicomotriz e baños exteriores.

n) Limpeza e desinfección de ximnasio.

Semanais.

a) Aspirado de pista cuberta.

b) Limpeza de aluminios e cristais en portas de entrada.

Bimensuais.

a) Limpeza de aluminios de cristais.

b) Limpeza de puntos de luz.

c) Limpeza de plantas e cúpula en patio interior.

2. Centro de saúde (PAC).

O servicio prestarase de luns a venres, nas dúas plantas de consultas e tódolos días, incluídos os sábados, domingos e festivos en urxencias e zonas de descanso do persoal sanitario.

Urxencias.

Servicios diarios.

a) Aspirado e fregada do chan: consultas, escaleiras, sala de descanso do persoal sanitario e cuartos.

b) Limpeza e desinfección de servicios.

c) Limpeza de todo o mobiliario.

d) Baleirado de papeleiras e recambio de bolsas de lixo.

e) Limpeza de impresións en cristais de porta de entrada.

Mensuais.

a) Limpeza de puntos de luz.

b) Limpeza de aluminios e cristais.

Especiais.

a) Sábados, domingos e tódolos días festivos, a empresa adxudicataria, estará obrigada a realiza-los mesmos servicios anteriormente citados, ademais de cambiar e face-las camas e limpa-la vaixela usada polo persoal do centro.

Plantas de consulta.

Diarios.

a) Aspirado e fregada de tódalas dependencias.

b) Limpeza e desifección de servicios.

c) Limpeza de asentos nas salas de espera.

d) Limpeza de mesas, cadeiras, armarios e demais mobiliario existente.

e) Baleirado de papeleiras.

f) Recambio de bolsas do lixo.

g) Limpeza de impresións nos cristais e portas de entrada.

h) Limpeza de escaleiras exteriores.

Mensuais.

a) Limpeza de aluminios e cristais.

b) Limpeza de puntos de luz.

3. Casa do concello.

Neste edificio, realizarase a limpeza de tódalas súas dependencias, agás o local cedido á deputación provincial, para a recadación de tributos.

Servicios diarios.

a) Aspirado e posterior fregada do chan e escaleiras.

b) Aspirado de moquetas e alfombras.

c) Limpeza e desinfección de servicios.

d) Limpeza e baleirado de cinseiros e papeleiras.

e) Limpeza de impresións e po de todo o mobiliario (mesas, armarios, material de oficina, etc.).

f) Limpeza de portas e elementos decorativos.

g) Limpeza e desinfección de teléfonos.

h) Limpeza de impresións en tódalas portas acristaladas.

i) Limpeza de dourados e metais.

Mensuais.

a) Limpeza de cristais interiores e exteriores.

b) Limpeza de puntos de luz.

II. Duración do contrato.

Dous anos, contados desde a data de formalización deste coa empresa que resulte adxudicataria.

Se ben o dito contrato se entenderá prorrogado tacitamente por dúas anualidades máis, se ningunha das partes denuncia a súa rescisión, con tres meses de antelación a cada un dos sucesivos vencementos.

III. Tipo de licitación.

Fíxase como tipo máximo que vai satisfacer o concello, a cantidade de 63.875 euros para a primeira anualidade das dúas de que inicialmente consta o contrato.

Neste prezo figurará incluído o IVE, así como calquera carga fiscal ou de cotizacións á Seguridade Social, que poida orixinarse con motivo da prestación do servicio.

Para a segunda anualidade do contrato, e para o suposto de que se produza algunha das dúas prórrogas previstas neste prego de cláusulas administrativas, revisarase o prezo fixado pola prestación do servicio, tomando por base o índice de prezos de consumo que publique o Instituto Nacional de Estatística.

IV. Pagamentos.

Será efectuado por mensualidades vencidas, entendendo dividido o prezo de adxudicación, para cada período anual, en doce partes iguais; sendo ordenado pola alcaldía, e aboado con cargo á partida orzamentaria aprobada para o efecto para cada un dos exercicios económicos, en que estea vixente o contrato, ou con cargo á correspondente partida do orzamento anterior, cuando resulte prorrogado como sucede neste momento.

V. Garantía provisional.

Será de 1.277,50 euros, equivalente ó 2% do tipo de licitación.

VI. Garantía definitiva.

O 4% do importe da adxudicación.

VII. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello calquera día hábil, en horas de nove a catorce, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte a aquel en que rematase o prazo dos oito días hábiles de exposición ó público, para reclamacións, do prego de cláusulas administrativas particulares no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

VIII. Apertura de proposicións.

Terá lugar ás trece horas do seguinte día hábil ó da conclusión do prazo para a presentación de proposicións.

IX. Modelo de proposición.

O que figura recollido na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario os gastos previstos nas cláusulas décimo sétima do citado prego.

Arzúa, 14 de maio de 2003.

Manuel Moscoso López

Alcalde