Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 27-2-2003, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle da UA-27, sito en Pastoriza,

tramitado de oficio mediante o sistema de cooperación.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva esta de notificación, coa finalidade e o alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRX-PAC).

Recursos.

Contra este acordo poderase interpoñer ben de forma potestativa recurso de reposición ante o mesmo órgano que se dictou ben xa directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (STSXG) no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (LXCA).

Se se opta por interpoñer recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo, deberá facerse perante o órgano municipal do que dimana este acto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (LRX-PAC).

Contra a resolución expresa do recurso de reposición poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación do acordo recorrido, segundo o disposto no artigo 46 LXCA.

Contra a resolución presunta do recurso de reposición, que terá lugar transcorrido un mes desde a súa interposición sen que fose notificado, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a STSXG no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que a resolución do devandito recurso de reposición se debería ter notificado de forma expresa (un mes desde a súa interposición), todo iso de acordo co disposto no artigo 46 LXCA en relación cos artigos 116 e 117 LRX-PAC.

Arteixo, 22 de abril de 2003.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde