Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.267

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2003, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Ana Belén Corbacho Rodríguez.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra tramítase o recurso número 118/03-LO (procedemento abreviado) interposto por Ana Belén Corbacho Rodríguez na súa condición de aspirante incluída na lista para vinculacións temporais da categoría de ATS/DUE (Pontevedra) publicada pola dirección provincial deste organismo con data 23 de setembro de 2002. A recorrente pretende a asignación dun total de 30,91 puntos.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

José Ignacio Lema Piñeiro

Director xeral da División de Recursos Humanos