Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de maio de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados as resolucións dos expedientes sancionadores VP-C 6/02 e tres máis.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, notifícaselles ós interesados a resolución dos expedientes sancionadores VP-C 6/02, VP-C 7/02, VP-C 31/02 e VP-C 42/02 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

A esta infracción impónselle unha multa de 601,02 euros nos expedientes VP-C 6/02, VP-V 7/02 e VP-C 31/02, e no expediente VP-C 42/02 unha multa de 1.803,04 euros, sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da sua recepción.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de maio de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 6/02.

José Martínez Prieto.

R/ Lope de Vega, bloque 16, esc. 1-1º A.

Urbanización Sol y Mar.

Oseiro-Arteixo.

Sanción: 601,02 euros.

VP-C 7/02.

Ricardo Lence García.

R/ Madrid, 19-1º B.

Polígono das Fontiñas. Santiago de Compostela.

Sanción: 601,02 euros.

VP-C 31/02.

Gerardo Sarasola Álvarez.

R/ Tirso de Molina, bloque 10, portal 1, baixo C.

Oseiro-Arteixo.

Sanción: 601,02 euros.

VP-C 42/02.

Manuel López Arraña.

Fonte Balsa, bloque 1, portal 2, 2º E.

Urbanización Río Ramallal-Vilaboa. Culleredo.

Sanción: 1.803,04 euros.