Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de maio de 2003, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 10/03 e tres máis.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto

1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados o acordo de incoación dos expedientes sancionadores VP-C 10/03, VP-C 11/03, VP-C 14/03 e VP-C 19/03 que se inician neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria dos expedientes a Clara Gómez Ruíz e Carmen Pombo Chans, nos expedientes VP-C 14/03 e VP-C 19/03, e instructor e secretaria a Sebastián Martínez-Risco Alonso e Carmen Pombo Chans, nos expedientes VP-C 10/03 e VP-C 11/03, concedéndolles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para face-las alegacións que crean oportunas no seu descargo e, de se-lo caso, solicita-la práctica das probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, no cumprimento do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 28 de maio de 2003.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 10/03.

Mª Begoña González Botana.

Travesía Peregrina, 12, baixo B.

Bertamiráns-Ames.

VP-C 11/03.

Clara Carreira García.

Travesía Peregrina 12-2º F.

Bertamiráns-Ames.

VP-C 14/03.

Manuel Rodríguez Ogando.

R/ Capitán Juan Varela, 6-4º D.

A Coruña.

VP-C 19/03.

Mª Cruz Basich Castiñeiras.

Rúa Monforte, 11-3º dta.

A Coruña.