Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 6 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador 6/2003 a Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 6/2003, seguido de oficio, contra Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera, finalizando este trámite con proposta de resolución de

expediente sancionador por incumpri-la obriga de visado de contrato de compravenda e de solicitude á administración para autorización desa compravenda.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 6/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/100, conta 85, adxudicada a Plácido López Cabo, rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 13-3º B de Lugo e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. Que con data 21 de xaneiro de 2003, ten entrada no rexistro desta Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, fallo da sentencia número 4 da sección 1ª, da Audiencia Provincial de Lugo, da que se deduce que quedou acreditada a existencia dun documento privado de venda entre Plácido López Cabo e os seus fillos Raquel e Luis Alberto como vendedores, e o matrimonio formado por Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera, como compradores.

2. O artigo 6º, letras f) e h), da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón de que a omisión do visado pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos contratos de compravenda e aluguer de vivendas de protección oficial e a transmisión de vivendas de protección oficial promovidas, sen ánimo de lucro, polas administracións públicas, dentro dos cinco anos seguintes a data do contrato de compravenda, sen a autorización administrativa correspondente, e sen prexuízo do dereito ó exercicio das accións de tanteo ou retracto convencional da Administración, constitúe unha infracción moi grave.

3. En data 24 de febreiro de 2003, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 6/2003, notificado ós denunciados mediante publicación no Diario Oficial de Galicia nº 72, do 11 de abril, polo que se lle imputaba a Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 6º f) e h), da Lei 13/1996, do 30 de decembro. Concedido prazo de alegacións, os denunciados non fixeron uso del.

Feito probado.

Determínase, así, como feito probado que Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera non cumpriron coa obriga de visado de contrato de compravenda nin coa solicitude a administración para autorización desa compravenda.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1º do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de viven

da establecidas no artigo 10º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 6º f) e h) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que a omisión do visado pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia dos contratos de compravenda e alugamento de vivendas de protección oficial e a transmisión de vivendas de protección oficial promovidas, sen ánimo de lucro, polas administracións públicas, dentro dos cinco anos seguintes á data do contrato de compravenda, sen a autorización administrativa correspondente, e sen prexuízo do dereito ó exercicio das accións de tanteo ou retracto convencional da administración, constitúe unha infracción moi grave.

3. Considérase responsable de dita infracción a Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera, correspondéndolle unha sanción de 3.005,07 a 60.101,21 euros de multa conforme o establecido no artigo 7º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

4. Ó abeiro do disposto no artigo 3.2 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

5. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación desta proposta para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, propón.

Impoñer a Manuel Abad Méndez e María José López Mosquera unha sanción de 3.005,07 euros de multa.

Notifíquese esta proposta de resolución ós interesados coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións, no prazo de quince días, ó remate dos cales pola delegación do IGVS se dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 6 de maio de 2003.

Francisco Centeno Márquez

Instructor