Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003 pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento ordinario 0097/03, interposto por Serafín Canosa Montero, contra a resolución do conselleiro de Medio Ambiente do 30 de decembro de 2002 desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a resolución do presidente de Augas de Galicia do 10 de outubro de 2000.

Neste organismo autónomo recibiuse providencia do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña pola que se ten por interposto recurso contencioso-administrativo P.O. 0097/03 por Serafín Canosa Montero contra a resolución do conselleiro de Medio Ambiente do 30 de decembro de 2002, desestimatoria do recurso de alzada interposto contra a resolución do presidente de Augas de Galicia do 10 de outubro de 2000.

En consecuencia, a Secretaría Xeral de Augas de Galicia acordou nesta data, de conformidade co punto cuarto, letra a) da Resolución do 9 de abril de 2003 de delegación de funcións e atribucións do presidente de Augas de Galicia no director xeral de Augas de Galicia e no titular da unidade administrativa de Augas de Galicia referida no artigo 39.1º a) do Decreto 108/1996, do 29 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento do organismo autónomo Augas de Galicia, e de conformidade co

disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de nove (9) días contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

P.D. (Resolución 9-4-2003)

Ana Ornilla Guillamón

Secretaria xeral do organismo autónomo Augas

de Galicia