Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Ángel Albino Escariz Pérez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redación dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación desta dirección xeral, con enderezo en San Caetano, nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Dunas Produccións Culturais

CIF: E36699890.

Responsable solidario na súa cota de participación: Ángel Albino Escariz Pérez. NIF: 36025890-R.

Importe: 47,02 A.

Zona de recadación: Vigo.