Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona resolución de expediente de derivación de responsabilidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (José Manuel Fernández Oliveira).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redación dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de expediente de derivación de responsbilidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Central de Recadación desta dirección xeral, con enderezo en San Caetano, nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Promotora Balcagia, S.L.

CIF: B36713915.

Obrigado ó pagamento: José Manuel Fernández Oliveira.

NIF: 34885214-X.

Importe: 393,59 A.

Zona de recadación: Vigo.